top of page

Son un de tantos soñadores que hai no mundo, a diferenza é que aquí creamos os soños.

​

Podería presentarme dicindo que son un estudante dun ciclo superior en Proxectos de Edificación e falar da cantidade de traballos que tiven, que tampouco foron moitos, pero non é o interesante de min.



Teño 25 anos e metinme neste proxecto coa ilusión de traballar no que me gusta. Esta idea é a máxima expresión de que se non hai traballo, hai que inventalo. Os soños están para facerse realidade, non están para telos de noite en noite e que marchen como se fume fosen.



Traballar facendo realidade os soños e fantasías da xente, que hai mellor ca iso? Penso que nada.





Moi boas! Eu son Pablo Vázquez.

​ A factoría dos soños

bottom of page